Romanos e castrexos nas ondas radiofónicas!

Despois da moi boa experiencia do campamento anterior, desta volta volveremos entrar en directo na Radio Galega! A cita é este sábado 5 de agosto, a partir das 19.20, no programa «Un sitio á sombra», con Isabel Pichel.

Para iso, sete reporteiras e reporteiros intrépidos, gravadora en man, estiveron facendo entrevistas e reportaxes polo campamento adiante. Mañá temos ocasión de escoitar estas gravacións que fixeron e as súas voces en directo!

E seguimos cunha chea de actividades… Xa se libraron dúas batallas campais entre romanos e castrexos: unha delas foi un xogo de bandeiras en que había que traducir enigmáticos códigos secretos para ter unha mensaxe que será clave para todo o campamento. A outra, o xogo coñecido como «o saltón». Cal será a próxima aventura das tropas de Décimo Xuño Bruto? Atreveranse a atravesar o Limia, río do esquecemento? E que será da tribo castrexa, que segue a resistir a invasión? Saberemos máis nos próximos días!

Category: Dia a dia  Comments off

Novo campamento! Tropas romanas e tribos castrexas en Entrimo…

Comezou un novo campamento! Unha quenda con rapaces e rapazas de 14 a 15 anos, de Galicia e da Rioxa, que convivirán estes días en Penedos de Xacinto como romanos e castrexos…

 

E este sábado, teremos unha nova visita da Radio Galega! Sairemos de novo no programa Somos Quen, contándolles novas aventuras e a nosa convivencia. Aquí podedes escoitar o anterior programa en que saímos, cos nenos e nenas do campamento «Merlín e familia», a partir do minuto 33.50. E tamén, do mesmo día, Un sitio á sombra, onde tamén falan connosco a partir do minuto 29.30.

 

NON O ESQUEZADES! Estaremos de novo na Radio Galega este sábado. Seguiremos informando!

Category: Dia a dia  Comments off

Hoxe, excursión á Illa! Mañá, en directo nas ondas!

Son días cheos de actividade! Hoxe iremos facer unha pequena excursión á localidade da Illa, a 3 quilómetros do campamento, onde aproveitaremos para facer recollida de tradicións, lendas, cantigas, e todo o que os seus habitantes nos queiran contar. Amais, teremos a oportunidade de ver como se lle «dá vida de novo» a un forno que foi recentemente restaurado.

E mañá… saímos na radio, para toda Galicia! De 12.30 a 13.00 falaremos con Sevi Martínez e Carlos Tresandí de «Somos quen», o programa das mañás das fins de semana na Radio Galega. Teremos un programa con entrevistas, reportaxes e outras novidades en que estiveron traballando varios acampados voluntarios nos últimos días. E despois, pola tarde, sairemos en «Un sitio á sombra», a partir das 17.30, con Isabel Pichel.

Non o perdades! Xa sabedes: MAÑÁ, SÁBADO 22 DE XULLO, ÁS 12.30 NO PROGRAMA «SOMOS QUEN» DA RADIO GALEGA. E logo, de novo, ás 17.30, en «UN SITIO Á SOMBRA». Ata a próxima!

 

Category: Dia a dia  Comments off

Preparándonos para a chegada da Radio Galega!

@s nen@s do campamento Penedos de Xacinto xa se están preparando para o acontecemento que ocorrerá o próximo sábado 23: a chegada da Radio Galega ao Campamento.
Ese día emitirase un programa de radio, preparado por unha serie de nenos e nenas voluntarios, para toda Galicia.
Respecto ao programa de radio que fixemos no campamento para ir quentando motores, foi un momento moi especial: o «Mago Merlín» foi entrevistado no campo dos intereses persoais, como: cancións que lle gustaban (e puidemos escoitar unha), os seus animais preferidos… Á pregunta de que árbore sería, contestou que un carballo milenario, porque leva moitos anos de sabedoría ás súas costas… Todo este traballo serviu para preparar o próximo programa da mellor maneira posible. Seguiremos informando, dende este blog e dende as ondas!

Category: Dia a dia  Comments off

Un campamento con Merlín… e familia

Nesta segunda quenda no Campamento Xuvenil de Penedos de Xacinto, viaxamos ás terras de Miranda, e percorremos a selva de Esmelle da man de Filipa de Amancia: temos a axuda dun Merlín xa vello e canso da maxia e de Camelot, que nos acompañará coa súa presenza durante os días do campamento. Pero tamén hai perigos: trasnos, meigas e outros seres maléficos ás ordes de Morgana… O pobre de Merlín quería descansar, pero foi dar cunha terra chea de meigallos, de historias, lendas e tradicións, que vos iremos contando ao longo destes días a medida que as imos descubrindo.

Category: Dia a dia  Comments off

O albergue de Penedos de XacintoEl albergue de Penedos de Xacinto

O albergue Penedos de Xacinto está situado no Concello de Entrimo no Parque Natural da Serra do Xurés. A oferta de campamentos da Dirección Xeral de Xuventude inclúe o campamento de montaña que se realiza nestas instalacións.

Nesta campaña de verán 2010, «Altega – Educación e Lecer» xestiona as instalacións e organiza o campamento xuvenil.

O equipo de traballo está formado por un nutrido equipo de monitoras e monitores especialistas en actividades deportivas, coma escalada, sendeirismo, BTT, orientación con GPS e obradoiros de ciencia.

Campamento Entrimo Penedos_de_Xacinto Entrimo

El albergue Penedos de Xacinto está situado en el ayuntamiento de Entrimo en el Parque Natural de la sierra del Xurés. La oferta de campamentos de la Dirección Xeral de Xuventude inclulle el campamento de montaña que se realiza en estas instalaciones.

Como en los últimos tres años (2009 – 2010 – 2011), «Altega – Educación e Lecer» gestiona las instalaciones el organiza el campamento juvenil.

El equipo de trabajo está formado por un nutrido equipo de monitoras y monitores especialistas en actividades deportivas, como escalada, senderismo, Bicicleta todo terreno, orientación con GPS y talleres de ciencia.

Campamento Entrimo Penedos_de_Xacinto Entrimo

Category: Dia a dia  Comments off